lunes, 19 de marzo de 2012

Ruiz de Padrón e as Cortes de Cádiz

Aproveitando que este 19 de marzo do 2012 é o bicentenario das Cortes de Cádiz, e da primeira Constitución Española. En Historia de Valdeorras queríamos  falar da importancia que tivo a nosa comarca nesas cortes, e mais concretamente o pobo de Vilamartín, grazas á representación do abade Antonio José Ruiz de Padrón, Canario de nacemento, e Vilamartinés de adopción xa que exerceu como párroco desta localidade valdeorresa, e foi o representante electo da provincia de Ourense ante as cortes de Madrid en 1820, e representando as illas Canarias nas cortes de Cádiz de 1812.

Ruiz de Padrón de novo (foto: http://ruizdepadron.wordpress.com)
 
Recoñezo que xa dende pequeno oín falar deste ilustre párroco liberal, non só por que no pobo teña unha rúa adicada, se non tamén pola súa importancia histórica, pero o ler e descubrir mais sobre a súa vida quedei abraiado. Ruiz de Padrón foi un ante todo un loitador, unha persoa que defendeu os seus pricipios nunha época moi difícil e de importantes cambios sociais, as súas ideas liberais rachaban coas ideas de moitos conservadores en España, por iso non puido evitar crearse inimigos dentro do mapa político e mais eclesiástico, non obstante foi a persoa que conseguiu derrocar a inquisición en España. Antonio foi un aventureiro, viaxou a Cuba, pero unha tormenta desviouno os recen nacidos Estados Unidos de América, onde entablou amistade con Benjamin Franklin e George Washington, isto que acabo de escribir é certo aínda que pareza incrible despois de estar en Filadelfia cos pais da nación Americana acabou en Vilamartín de Valdeorras, onde o final morreu, pero esa é unha longa historia que agora contaremos.

Contexto Histórico

Aínda que relatemos a vida de Ruiz de Padrón, situarémonos no contexto histórico da parte mais importante da súa vida.
Corría o ano 1812 España levaba catro anos invadida polas tropas Napoleónicas, a Xunta Central Suprema creada despois da victoria contra os Franceses en Bailen, ordenou a creación das Cortes Extraordinarias e Constituíntes.  As cortes tiveron que reunirse en San Fernando e logo na cidade de Cádiz, sitiadas polas tropas Francesas.
Nas reunións participaron representantes de tódalas provincias españolas, e tamén dos territorios Americanos e Filipinas. Houbo tres grandes correntes, a absolutista, (monárquicos que defendían o poder absoluto dos Borbóns) Jovellanistas, ilustrados e defensores das reformas, pero nunca de caracter revolucionario e mais os liberais que defendían a adopción de reformas inspiradas na revolución Francesa.  Ruiz de Padrón foi deputado polas illas chamadas menores, Lanzarote, Fuerteventura, El Hierro y La Gomera. Nas referidas cortes o abade Canario sería un dos persoaxes mais destacados.



Biografía.

Este Ilustre Canario naceu na vila de San Sebastián de la Gomera o 9 de novembro de 1757 nunha vivenda aínda conservada na actualmente denominada ‘Calle del Medio’
A súa familia era de clase acomodada e relixiosa, e Antonio dende moi pequeno xa manifestou curiosidade e ganas de aprender.  Adquiriu a súa formación básica no Mosteiro Franciscano que existía en San Sebastián de la Gomera.
Cando contaba con 16 anos o tráxico suceso da morte da súa mai foi un dos incentivos que o fixo abandoar a illa e marcharse a Tenerife a continualos estudos. Unha vez na illa de Tenerife ingresa no convento de San Miguel de Las Victorias. Foi ordenado en 1781, en nese mesmo ano fíxose membro da Real Sociedad Económica de Amigos del País, demostrando así o seu afán polas ideas Ilustradas.


A Emigración
  
Ante as limitacións da vida na illa, as ganas que tiña de coñecer mundo, e a falta de oportunidades no arquipélago decidiu en 1785 irse a La Habana, onde residía un tío del tamén Franciscano.
Parte do porto de Santa Cruz de Tenerife rumbo a Cuba (aínda baixo dominio Español), pero o destino é caprichoso e tende a mover as fichas de forma inesperada, unha tempestade desviou o barco rumbo o sur duns incipientes Estados Unidos, en concreto a Pennsylvania.



Vida nos Estados Unidos

Unha vez arribado en América diríxese cara Filadelfia, lugar onde se fraguara a independencia norteamericana, con notable actividade cultural e con unha abundante colonia de católicos, inmigrantes Alemáns e Escoceses en maioría. Por aquel entonces en Filadelfia vivía un inquedo Benjamin Franklin, que acabaría sendo veciño e amigo do noso párroco.
Franklin invitaba a Ruiz de Padrón as charlas e tertulias que se celebraban na súa casa, as que asistían ilustres invitados coma George Washington, a maioría dos participantes eran todos protestantes  e de ideas liberais relacionadas ca masonería, moitos sorprendíanse de ver a un sacerdote católico sometido os retrógrados ditamens de Roma, que nembargantes falaba de liberdade, igualdade e xustiza social.

Así a todo era moi criticado polos seus contertulios  pola existencia da inquisición, un estamento retrógrado. Estimulárono para que fixera publico a súa rexeita a inquisición no seu sermón dominical.
Dito sermón escribiuse en inglés, e distribuíuse por todo o pais, facéndose moi famoso o seu contido, que colaborou a mudala visión retrógrada que o mundo anglosaxón tiña sobre os católicos. Esta actuación fíxoo moi famoso na zona, e ca súa influencia logrou converter o catolicismo a importantes familias do estado de Maryland, ademais de participar na xunta que conseguiu que o Papa Pío VI creara o Bispado de Filadelfia.

Benjamin Franklin o seu regreso a Filadelfia no 1785,
Porto onde meses mais tarde arribaría Ruiz de Padrón


Un ano despois chegou por fin a Cuba, e comezou a criticala esclavitude, unha das fontes economicas da illa, estas criticas incrementaron o seu numero de inimigos, facéndoo marchar o ano seguinte cara Madrid.




Volta a España

Chega a Madrid intentando buscar a luz da Ilustración, pero o que atoa alonxase moito do que agardaba, defraudado ca vida dentro do mosteiro de San Franciasco el Grande, pídelle o Papa Pío VII unha secularización para poder viaxar por Europa, este concédella e viaxa  por Francia e Italia, voltando a España en 1802 para convetirse no abade de Quintanilla de Somoza, un pobo castelán da diocese de Astorga en pleno corazón da Maragatería.
Cinco anos mais tarde e sen trascender os motivos presentase a  Abade de Vilamartín de Valdeorras, cargo que gaña tras brillante oposición, así o determina a Real Cédula do 6 de Outubro de 1807. Toma posesión do seu novo destino o 6 de Marzo de 1808, menos dun ano despois os Franceses arrasan a súa anterior parroquia.

Foto de Cima de Vila, Barrio Vilamartinés en ruinas onde se atopaba a antiga casa parroquial
onde residiu o abade canario.



Vida Política
  
Un dos feitos mais destacados da vida deste ilustre abade foi a súa participación nas Cortes de Cádiz, as que partiu dende Vilamartín despois de catro meses de enfermidade có  tiveron encamado, Ruiz de Padrón tivo que facer a ruta Ourense, Vigo, Oporto, Lisboa Cádiz para poder chegar a tempo as Cortes, e poder esquivar os Franceses, recorrido que agravou a enfermidade que o limitaría nos momentos mais importantes ata o final dos seus días.

O abade toma posesión do seu cargo o 13 de decembro de 1811, e centra os seus esforzos en conseguir dúas abolicións, o voto de Santiago, e a Inquisición.


Defensa da Abolición do Voto de Santiago

Este era un tributo de pan e viño que os habitantes de Galicia, León e parte de Castela entregaban o Arzobispado. Ruiz de Padrón coñecia o tema dende a súa estancia en terras galegas, e preparou un forte discurso que non puido ler el mesmo nas Cortes por enfermidade e no que sostiña `` El origen del voto es una vergonzosa fábula, tejida con artificio y astucia bajo la mascara de la piedad y la religión, abusando descaradamente de la ignorancia y credulidad de los pueblos´´
A proposta foi aprobada por 85 votos a favor contra 26 e a supresión deste voto encheu de satisfacción o abade.


 Supresión do Santo Oficio ( A Inquisición)

Foi o 22 de febreiro de 1813 cando por 90 votos contra 70, as Cortes de Cádiz acordaron abolir o Santo Oficio. A maioría dos cronistas da época coinciden en valorar como brillante e decisivo o discurso de Ruiz de Padrón para a obtención do resultado final.
Como mostra da súa brillante oratoria e defensa da liberdade e igualdad dos seres humanos poñemos un fragmento dun discurso de Ruiz de Padrón do 1814

``Estoy seguro que nadie me gana en el amor que profeso a la libertad civil del ciudadano, libertad fundada en las leyes. Siempre he detestado hasta el nombre de vasallaje, como indigno de una nación noble y generosa que con asombro del mundo ha sabido sacrificar todo por su libertad e independencia. La nación no debe retrogradar un punto de la ilustre carrera que ha emprendido, y en la que ha dado ya pasos de gigante´´.

Antonio Ruiz de Padrón 


Unha vez abandoada España polos franceses, e a volta do absolutismo da man do infame Fernando VII, a conservadora igrexa católica non lle ía perdoar a defensa liberal dos dereitos dos españois, e o Bispo Manuel Vicente Marinez inicia un proceso contra el acusándoo de liberal, e de socorrer os franceses,  foi condeado a cadea perpetua nun convento, algo moi duro para el xa que se afunde moralmente, véndose encadeado, e como todas as ideas que defendeu e polas que pelexeou o longo da súa vida foran derrocadas poloo absolutismo e o seu pais volta de novo a idade media cando o resto de nacions avanzan con foraza cara a democracia.
Ruiz de Padrón recurre os cargos dos que se lle acusa e consegue desmentir punto por punto tódalas acusacións, co que é absolto.

Volve a exercer como párroco en Vilamartín, ata que é reclamado de novo polas cortes de Madrid grazas o levantamento de Riego, e o trienio liberal, esta vez éo abade ocupa o seu cargo nas cortes como representante da provincia de Ourense, no que volve a pedir a eliminación dos impostos abusivos.

A súa enfermidade fórzao a voltar a Vilamartín onde fina o 8 de setembro de 1823.
A súa tumba, casa parroquial, igrexa e libro de defunción da época desapareceron.

Otero Pedrayo dixo: ‘’Tal vez morreu de terror e soidade’’, o terror era comprensible cá volta absolutista de Fernando VII, pero de soidade non é probable, xa que na súa estancia en Vilamartín sempre o acompañou unha sobriña que casou e viviu en Portela.

Antonio José Ruiz de Padrón sigue vivo na memoria dos canarios e vilamartinenses, mostra delo dan a placa conmemorativa na sua casa natal



E a escultura e homenaxe que lle fixo o pobo de Vilamartin o carón da igrexa nova.  

Monolito na Honra do Abade de Vilamartin Antonio Ruiz de Padrón
Inaugurado o 19 de Marzo do 2012




Bibliografía

Antonio josé Ruiz de Padrón. Cuaderno monográfico Instituto de Estudios Valdeorreses

E coma recomendación o libro Titulado: La Isla Transparente 
Primera novela histórica sobre el Canario que derribó a la inquisición Antonio Ruiz de Padrón.


martes, 14 de febrero de 2012

A Batalla do Monte Medulio

Contiunamos falando da Valdeorras pre-romana, o tema do que vamos a falar a continuación refírese as guerras Cántabro – Ástures, contra a invasión romana, e a implicación de Valdeorras  e dos Valdeorreses de aquela época nelas.

Resulta difícil saber a razón última das guerras que sostivo roma contra os gerreiros Galaicos xa que as fontes non o indican e os estudos arqueolóxicos non aportan nada o respecto, pero do que si estamos seguros é que desta forma os romanos poñían fin o merodeo e pillaxe das tribus, entre os pobos veciños do sur do Douro, relativamente mais ricos ca eles, ademais de poder establecer unhas  fronteiras que permitiran a vida en paz dos cidadáns romanos.

Mapa dos pobos Pre-romanos de  http://legio-v-alaudae.blogspot.com   

E imposible falar das últimas guerras contra os romanos sen mencionar a batalla do monte Medulio, monte polémico pola incógnita da súa situación verdadeira, xa que son moitos os historiadores que o sitúan o longo da xeografía do noreste peninsular, nos limitarémonos a contar a historia da batalla, e a mencionar os posibles enclaves, xa que as contradiccións dos historiadores da época, e as similitudes cos topónimos de varias zonas, fain difícil a súa localización exacta.



Batalla do Monte Medulio

Según Floro no ano 25 a.c.  ten lugar a toma do monte Medulio, e esta anunciaselle a Augusto que se atopaba invernando en Tarraco (Tarragona), anos antes o mesmo emperador Augusto mandou as lexións de Cayo Furnio e Publio Carisio a aplastar a resistencia Galaica, Cayo Furnio, que desembarcou en Brigantium (A Coruña) foi o encargado de conquistar as montañas mais ásperas e os montes mais escabrosos da actual Galicia. A súa tarea consistíu  na conquista das tribus cércanas  as serras de San Mamede, Cabeza de Manzaneda, e as estribacións da Serra Segundera, para evitar que os Gigurros, Tiburos, Bíbalos e outros pobos das comarcas limítrofes atacasen as columnas que partiran de Astorga para levar a cabo a ofensiva.

Recreación de guerrerios  http://www.losviajeros.com   

Os habitantes de Trives, o Bolo e Valdeorras (Tiburi e Gigurri) foron cerrados por Cayo Furnio na zona montañosa onde se ubicaban os xacementos auríferos, As Medulas alí viron cortada a súa retirada cara o Monte Vindio, polas tropas de Carisio que partiran dende Astorga.

  As Lexións Romanas despois de rodear a os Bárbaros no monte, fain un foso de 25km, e o rematalo comeza o ataque por tódolos flancos, os sitiados enfrentanse con todala súa furia, o que converte a batalla nunha brutal carnicería, os lexionarios son mercenarios traídos das tríbus mais sanguinarias dos recunchos mais afastados do imperio, os cadáveres cóntanse por miles en ámbolos dous bandos, o sitio dura meses, pouco a pouco a fame e as enfermidades causan estragos entre os sitiados, según o historiador romano Lucio Anneo Floro cando os sitiados atopábanse totalmente esgotados, fixeron unha fogata e unha festa, trala cal uns tiráronse o lume, outros cravábanse a espada ata morrer, e as nais daban os seus fillos un veleno extraído dos teixos, que logo tomaban elas, de tal maneira que cando os romanos chegaron o cumio do monte Medulio so atoparon cadáveres, non puideron facer prisioneiros, para levalos de escravos”.

Ante o dilema de rendezón ou morte, optaron pola última,  rodeado o monte polos soldados romanos a poboación autóctona deuse morte voluntariamente bebendo un veleno extraído dos Teixos, suicidándose en masa antes de permanecer escravos dos invasores romanos.



Tanto o historiador Floro coma Osorio relatan a resistencia heroica dos nosos antepasados, probablemente porque ámbolos dous beberon da mesma fonte, os textos de Tito Libio do cal perdeuse o orixinal. 

Digno de nota é que este é un relato dunha batalla protagonizada polos habitantes da comarca e arredores que se relaciona cá mítica batalla do monte Medulio segun algúns historiadores. Ninguén pode afirmar cal é o lugar exacto do mítico monte nin da refrega pero o longo dos anos algúns historiadores foron dando nomes da súa posible ubicación.


POSIBLES LOCALIZACIÓNS DO MONTE MEDULIO.

En Asturias

Según alguns, ubicaríase nos montes do concello de Lena, Outros ubicano no ‘Picu Cervera’ no ‘Castro Meduales’ en Belmonte de Miranda.

 

Picu Cervera 

No Bierzo

Algunhas interpretacións das fontes clásicas sitúano preto do Bierzo en León, nas Medulas, preto das minas de ouro que tamén explotarían os romanos, o cal explicaría a toponimia do lugar, outras creen situalo nas montañas da serra dos Ancares entre León e Lugo.


As Medulas http://www.leonnaturalmente.com   


 

En Galicia

 

Con todo Paulo Osorio, sitúao preto do río ‘Minio’, que puido ser o Miño, o que leva a Vicente Risco a descartar a tese de Sarmiento no que o antigo Miño era o Sil, o que fai pouco probable segun el que unha das ubicación sexa o Monte Médelo en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) ou Santa Tegra (A Guarda) teoría de Schulten.

 

Estudos modernos establecen una hipótese que o situaría nun dos montes da serra do Caurel (Lugo), o Monte Cido do cal o topónimo podería provir da voz latina ‘Occidio’ (matanza, carnicería) e no cal se poden apreciar os restos dun foso, coma o que se fixo para sitialo monte, e no que se descubriron  vestixios romanos como unha aguila imperial de bronce procedddente dun estandarte.

Outros autores afirman que se atopa na Serra da Lastra.

 

Serra da Lastra (Rubiá) http://www.viveaonatural.xunta.es   

 

O que nos que da hoxe en día do Medulio é o ar mitico da batalla e de cómo un pobo preferíu morrer a caer en mans do inimigo, e o mais sorprendente é a forma dese pobo de afrontala morte, será difícil atopar algún día a situación exacta, unhas veces polas imprecisons dos historiadores da época, que poida que confundiran o Sil co Miño, e outras polos motivos externos que sempre rodean a estes feitos historicos.

 

Galicia, e en concreto a nosa comarca ten unha historia abraiante, da que pouco coñecemos, boa parte de culpa téñena os modelos educativos, debería ser obrigatoria unha asignatura que ensinara a historia de cada comarca, por que resulta preocupante que a xente creza sen coñecer a historia dos montes, casas, paisaxes e xentes que os rodean, esa é unha forma tamén de axudar a amar mais a nosa comarca.

 

 

Bibliografía

Valdeorras de cara al año 2000.
Isidro García Tato. Instituto de Estudios Valdeorreses
www.Wikipedia.org

jueves, 5 de enero de 2012

As Primeiras Noticias de Valdeorras na Historia.

As primeiras noticias coñecidas do ‘’Homo gigurricus’’ non van mais alá  da época romana, ben é certo que a grande abundancia de castros, mámoas, petroglifos, monumentos megalíticos ou de obxectos de bronce poñen en evidencia a actividade humana  nestas terras no neolítico, pero ata a época romana non temos noticias expresas e claras  dos primeiros poboadores da actual comarca de Valdeorras.

A primeira referencia o pobo valdeorrés atopámola na ‘’Naturalis Historia’’ de Plinio, que cita o pobo dos ‘’Gigurri’’ como un dos 22 que integran o ‘’convento jurídico asturicense’’ Os gigurri menciónanse na lápida atopada en A Rúa: ‘’ L. Pompeio L.f. Reburro fabro gigurro calubregensi’’

Foto: http://www.dovaldeorras.tv/img/Valdeorras/Historia/Lapida.jpg

L(ucio) Pompeio L(uci) f(ilio) Pom(ptina) Reburro Fabro Gigurro Calubrigen(si), probato in coh(orte) VII pr(aetoria), beneficiario Tribuni, tesserario in 7 (centuria) optioni in 7 (centuria), signiero in 7 (centuria), fisci curatori, corn(iculario) Trib(uni), evoc(ato) Aug(usti), L(lucius) Flavius Flaccinus.
h(ere) ex t(estamento)
Lucio Flavio Flacino, heredero testamentario, dedicó este monumento a Lucio Pompeyo Reburro Fabro, hijo de Lucio, de la tribu Pomptina, natural de Calúbriga en los Gigurros, aprobado en la cohorte VII pretoriana, beneficiario del Tribuno, teserario de centuria, vice-centurión, portainsignia de centuria, procurador del fisco, corniculario del Tribuno, evocado del Emperador


 Nesta lápida a ''Origo'' (patria) deste home indicase pola tribu dos Gigurri , e por cidade Calubriga , de maneira que Calubriga era a cidade dos Gigurri. Por outra banda Ptolomeo da ós gigurri coma capital Forum Egurrorum. Todo parece indicar que o nome indíxena de orixe celta Calubriga, transformouse no nome romano Forum Gigurrorum.

Outra cidade valdeorresa da época sería Gemestarium, tratase dunha estación na vía septentrional 18 de Bracara a Astúrica, que estaría situada entre Bergidum Flavium e Forum Gigurrorum nas proximidades dos picos de Oulego.


Foto: Siro M. http://www.panoramio.com/photo/61737744

Situación de Calubriga

Tendo en conta a situación e os asentamentos da época, Calubriga estaría situada nun altiplano, onde era fácil fortificarse contra os enemigos. O lugar exacto da súa ubicación é moi difícil de precisar, xa que examinando a topografía e xeografía valdeorresa hai moitos lugares que poden reunir esas características, entre os que podemos citar, o castro de Valencia do Sil, a Cigarrosa, As Medorras, O castro...

Algúns autores coma Millán González Pardo que en 1965 sitúa Calubriga en O Castro apoiándose na topografía do terreo, e no topónimo mais próximo a Calabagueiros, derivado do antigo Calubrigarios, ademais que o trazado da Vía Nova a traves do Castro, con unha ciclometría que non se atopa en toda a Vía. Non obstante permanecerá a dubida ata que unhas excavacións   arqueolóxicas serias pódano aclarar.



A estes celtas, témolos que imaxinar como dados sobre todo o pastoreo e a guerra, segun a descripción que fan deles Avieno e Polibio; Viven diseminados en aldeas sen murallas, descoñecen o que é o benestar. Non teñen outro leito que a palla, non comen mais que carne, nunha palabra levan a vida mais sinxela das vidas. Alleos a todo o que non sexa a guerra e o pastoreo, descoñecen as ciencias. A súa riqueza consiste en Ouro e rabaños, as únicas cousas que poden levar consigo e desprazar a calquera distancia.


Información sacada de : Valdeorras de cara al año 2000.
Isidro García Tato. Instituto de Estudios Valdeorreses.
Texto da lápida e traduccion: http://www.arua.es/historia_valdeorras.html


É unha pena que tendo como mínimo constancia de tres importantes castros existentes na época como podían ser Calubriga, Gemestarium, e Nemetobriga ( este último supostamente en Trives), hoxe en día non saibámola súa localización exacta, nin poidamos conservar ningún nunhas mínimas condicións como se conservan  no resto do pais, así a todo a Valdeorras pre-romanica é un anaco de historia que aínda ten moito por descubrir.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Escaramuzas da Guerra de Independencia en Valdeorras (I parte)

Desta vez no Blog de Historia de Valdeorras falamos dun dos acontecementos mais importantes transcorridos na comarca, como foi a Guerra de Independencia contra os franceses. Valdeorras foi víctima da opresión, dos abusos e matanzas do exercito Francés o seu paso, perseguindo o exercito do Marques de la Romana.  Foron tempos de medo e incerteza, xa que vían fuxir o único exercito cos podía protexer.
Os Valdeorreses non se amedrentaron, botáronse o monte e en guerrillas e ataques organizados conseguiron infrinxir grandes danos os franceses, unha desas escaramuzas é este episodio que hoxe reproducimos.


Contexto Histórico.

A finais de 1808 o Comandante Marchand incorporouse o 6º Corpo do exercito, que comandaba o Mariscal Ney. Que foi enviado na persecución das tropas Británicas de John Moore, que seguidas polo Marques de la Romana adentrabanse en Galicia. O Comandante Marchand enviado á retaguardia entra en Galicia polo Bierzo e Valdeorras.

Mapa Extraido de ``Valdeorras en la Guerra de la Independencia´´
de Ramón López Caneda.


``A equipaxe de Marchand e as botas de Xosé Quiroga´´

``Era o 20 de Xaneiro de 1809 cando chega o Barco un convoi formado por un coche, unha galera e varios carros; cen soldados mandados polo coronel veñen dando escolta a equipaxe de Marchand. Ese mesmo día nunha rúa do Barco, Xosé Quiroga defendese a garrotazos de catro franceses os que lle apetecían as súas botas; mata a un, fere gravemente a outro e pon en fuga os dous restantes.


Exercito Francés avanzando.
Foto: Asociacion Alverde.

O día 21 o convoi continua camiño de Ponferrada; acósano os paisanos ata Pontenovo, onde os obrigan a abandonala galera. Seguen tiroteándoos ata a Médoa, e perséguenos ata o Púente de Domingo Florez, obrigándoos a deixar polo camiño tódolos carromatos menos un; van quedando tamén polo camiño o coche (cas mulas), sabres, sombreiros, fusís e mochilas.

O resultado desta acción foi ``matar 14 franceses, coller tódolos papeis da división de Marchand, a súa equipaxe, o de La Villet, varias mulas e cabalos, e mais de 100 maletas e mochilas sen que pola nosa parte tiveramos baixa algunha.

Nomes a recordar, coma protagonistas do acoso os Franceses, O Presbítero D. Ramón Tato, O Ferreiro de Millarouso Diego Núñez, Manuel Vázquez e unha docena mais de anónimos esforzados.´´


Bibliografía:
Texto extraído do Libro ``Valdeorras en la Guerra de la Independencia´´ de Ramón López Caneda.
Editado polo Instituto de Estudios Valdeorreses.

domingo, 27 de noviembre de 2011

A Ferrería de San Vicente de Leira



A ferrería é un tesouro oculto entre San Vicente e o Mazo, é un lugar máxico, sobre todo en outono cando a comarca amosa a súa maior variedade de cores, e a luz do sol brilla mais tenue que nunca.



Neste recuncho de Valdeorras respirase paz e natureza a cada paso, namentres nos perdemos entre os seus centenarios castiñeiros.



Nada que ver cos seus anos de esplendor, nos que o seu estratéxico lugar (preto do ferro, do carbón e da auga) facían desta ferrería un dos lugares mais importantes do val.


Historia


Foi fundada a principios do século XVIII cara o ano 1717, polos frades Benedictinos de Santa María la Real de Samos.
A ferrería era abastecida pola mina de ferro de Formigueiros, na parroquia de Visuña. A mina era a ceo aberto e nela os ``Banaqueiros´´  traballaban con picos e palas xa que non usaban pólvora, o ferro que sacaban vendíano nas ferrerías.


 
Un dos laterais no que se aprecia o seu abandono e deterioro

Según un artigo de José Antonio Balboa de Paz sobre as ferrerías, di que un viaxeiro e escritor da época que a visitou no 1830 calificouna  como unha das mellores de España.


Na Imaxe superior podemos apreciar duas columnas de pedra, que posiblemente formaron parte da escaleira para subir o segundo andar.


Durante muitos anos a ferrería estivo en mans do Mosteiro de Samos, pero durante o século XIX cá desamortización de Mendizábal, a ferrería pasa a mans da familia Martinez Criado, residentes na época na localidade de Sabero e Ponferrada.

 
Nesta imaxe podemos ver o grosor das paredes de pedra que nalgunhas zonas alcanza o metro de ancho.



Na actualidade a Ferrería de San Vicente de Leira está en claro estado de abandono e ruína, pero o seu carón conserva un elemento sustitutivo en importancia na zona como é a minicentral hidráulica.



Reformada e en funcionamento dende 1994, cunha potencia de 772 KW.


Funcionamento

A ferrería usaba uns ``barquines´´ ou grandes foles accionados por unha roda hidráulica. A necesidade de auga para facer accionar os ``barquines´´ e mais o mazo explican a súa localización o carón do río Leira. Usábase unha ``chapacuña´´ que desviaba a auga do río o canal, que a conducía o estanque ou ``bazao´´, comunicado cun chan de madeira ou pizarra no que se atopaban dúas aberturas polas que caía a auga que movía as rodas que accionaban os ``barquines´´ e mais o mazo.
O mineral de ferro, previamente calcinado o aire libre, era reducido no forno por medio de carbón vexetal, despois a zamarra que saía do forno era estirada en barras, no mazo (unha especie de martelo de grandes dimensións) movido pola roda hidráulica.

As ferrerías de este tipo traballaban entre 200 e 250 días o ano, cunha producción media de 70 a 90 Tm.


Nesta imaxe podémonos facer unha idea de como sería o mazo co que se traballaba o ferro.

DENUNCIA

Como xa temos dito varias veces queremos que este blog sirva para poñer en coñecemento da xente o sufrimento do noso patrimonio, o de tódolos Valdeorreses.
Cando me dirixía a Ferrería sabía o que me iba atopar, sabía que centos de anos de abandono, mais as obras para a central electrica que arrasaron con gran parte do complexo, e da canalización que levaba a auga o interior da ferrería, so poucas pedras podian quedar en pé.

O que nunca me imaxinei foi atopar o río Leira cunha escuma sospeitosa, que como se pode apreciar nas imaxes que subo a continuación, transforma o fondo do río e deixa as pedras polas que pasa a auga brancas.



Cauce do río Leira con fondo branco e con escuma as beiras. 

 Non sei se isto é contaminante nin quero acusar a ninguen de nada, pero é preocupante e moi feo a vista ver o rio desta forma, sei que as imaxes falan por si soas. Agardo que esto se poida arranxar e poder voltar a ver limpo o cauce deste río.



Como podemos observar na parte dereita da imaxe a auga está limpa e clara ata que se xunta ca auga que sae da central.

Cauce do río Leira.




 

martes, 22 de noviembre de 2011

Breve avance Histórico sobre a comarca.


Foto Bob Fisher



Valdeorras é un enclave estratéxico, por ser unha das entradas naturais a Galicia, aproveitando o curso do rio Sil, foi o paso de invasións e migracions  con destino o interior de Galicia. O historiador romano Plinio durante a invasión romana de Gallaecia, escribiu as primeiras citas históricas sobre os habitantes da nosa comarca, que se facían chamar Gigurros.

Logo da chegada dos romanos houbo un punto de inflexión na importancia e crecemento do val, ca creación da  Vía XVIII ou Vía Nova, con ela os romanos conseguiron darlle un impulso o comercio, ademáis da rapidez ca que podían transportar o ouro que extraían das Medulas, ou do rio Sil.

Os seguintes en poboar a comarca foron os suevos e visigodos. Cá chegada do cristianismo e co paso do tempo un pequeno  paraxe das terras do Bolo cobrou gran importancia na zona, ca construcción en 1624 do templo de culto a Santa María das Ermidas.

Durante a Guerra de independencia de 1808 Valdeorras sufríu o paso das tropas Francesas, que perseguían o exercito inglés en retirada.
A finais do século XIX ca inauguración por parte de Alfonso XII da liña férrea Palencia – A Coruña, o 1 de setembro de 1883, a comarca recibe un gran impulso económico de cara o futuro e a modernización do val.

Duranteo o século XX o sector económico centrase nas primeiras explotacións importantes de louxa, e no incremento de producción e venda de viño.